Curso sobre música, liturxia e vida
OBXECTIVOS
- Preparar o camiño do Amor, que se achega á persoa “agachada” debaixo de cada responsable, sacerdote, catequista ou docente.
- Recoñecer e analizar os tesouros da liturxia. Renovar a visión da música e da liturxia dende unha perspectiva bíblica.
- Mellorar as competencias celebrativas das/os docentes, catequistas e axentes de pastoral.
- Integrar os coñecementos musicais e litúrxicos na actividade docente e catequética, para empregalos de xeito creativo e construtivo.
- Utilizar axeitadamente os distintos recursos e instrumentos para facer máis viva a liturxia.
- Manifestar unha actitude positiva, integradora e actual diante da tradición litúrxica cristiá.
- Valorar a música e a liturxia como integrantes da nosa cultura, dende un punto de vista histórico e polo seu papel na sociedade actual.
CONTIDOS
- A música dende unha perspectiva bíblica.
- Un arma cargada de Espírito Santo: carismas para a música e o canto.
- Música na Eucaristía. Outros “espazos” litúrxicos.
- Música e Liturxia, artífices de Comuñón. Eliseo, "o enterao": música e catequese.
- A música no Catecismo e noutros documentos da Igrexa Católica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario